Liquid S1, o primeiro tabletphone de Acer

Acer Liquid S1

Acer vén de anunciar o lanzamento do seu primeiro tabletphone, o Liquid S1, un dispositivo que anuncia como “a oficina inarámica” polas súas posibilidades.

Este novo trebello incorpora unha pantalla de 4,7 polgadas con resolución HD (1280 x 720), procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna. A súa batería é de 2400 mAh e dispón de ranura dobre para poder empregar 2 SIMs.

A cámara principal é de 8 megapíxeles, mentres que a frontal é de 2. Destaca ademais deste sensor frontal o seu ángulo panorámico de 88º e  a de 24 mm que permite capturar máis espazo. En todos os casos, a aplicación de cámara vese mellora coa inclusión de funcións que melloran a usabilidade.

En canto a software, vén con Android 4.2 Jelly Bean e diversas funcionalidades e aplicacións orientadas a sacarlle partido como oficina portátil. Para iso incorpora diversas ferramentas como AcerCloud Docs e Acer Remote Files, grazas aś cales os usuarios poderán acceder aos seus documentos e ficheiros na nube ou nun ordenador en remoto.

Así mesmo tamén dispón de AcerFloat User Interface, que vén a ser a multiventá, Float Apps, unha opción coa que poderemos visualizar diferentes aplicacións con transparencias e Acer Auto Profile, que permite establecer diferentes axustes para ubicacións diferentes (volumes, brillos, conexións…).

O Acer Liquid S1 está á venda por 299 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply