As Google Glass actualízanse e xa permiten facer fotos chiscando o ollo

As Google Glass están a recibir unha nova actualización que software que introduce varias novidades relevantes no afán de mellorar a súa usabilidade.

Google-Glass-XE12-wink-update

O primeiro cambio relevante é a introdución dun patrón de desbloqueo, semellante ao que temos nos nosos Android, co que o dono das Glass protexe a súa intimidade de accesos por terceiros. Con isto elimínase o “modo convidado”, que permitía simular as tarxetas para que outras persoas diferentes ao dono puidesen ver como funcionan.

Malia todo, a principal novidade é a introdución da posibilidade de sacar fotos chiscando un ollo. Haberá que ir dicindo adeus ao “Ok Glass, take a picture?”. En calquera caso semella que este método é máis discreto.

A nova versión de software tamén actualiza diversas aplicacións, como Google Play Music, Hangouts, YouTube e Google Now, que recibe novas tarxetas.

Nos últimos tempos estes lentes recibiron varias actualizacións, o que demostra que Google está a poñer todo o seu esforzo por mellorar o software deste dispositivo ante a súa posíbel posta á venda o ano que vén. Que ganas temos delas!

Vía

Sobre o autor

Reply