Cover: as aplicacións que queres na túa pantalla de bloqueo

Logo duns meses en privado, Cover vén de abrir a súa beta a todo o mundo. Trátase dunha aplicación que sustitúe a nosa pantalla de bloqueo por outra na que se sitúan as aplicacións que empregamos con maior asiduidade dun xeito estratéxico para facilitar o seu acceso.

cover-android

Para ilo, Cover aprende dos nosos hábitos; é dicir, non seremos nós os que colocaremos as aplicacións nun sitio ou noutro na pantalla de bloqueo, senón que o fará a propia Cover. Pero esta intelixencia pola que esta ferramenta coloca as cousas dun ou doutro xeito ten algo de truco, xa que podemos establecer diferentes modos ou localizacións (casa, traballo, coche…), que deberíamos configurar para que se activen automaticamente, por exemplo, dependendo de onde nos atopemos (xeograficamente falando).

Cover é compatíbel con calquera launcher que teñamos instalado, xa sexa o propio do móbil ou algún que metéramos (Nova Launcher… ). Podedes descargar esta aplicación de xeito gratuíto desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply