Samsung podería presentar o Galaxy S5 no Mobile World Congress

logo samsung

Segundo publica o medio coreano ZDnet, Samsung estaría apurando para presentar no vindeiro Mobile World Congress, que se celebrará en febreiro en Barcelona, o Galaxy S5, o terminal de referencia da compañía para o próximo ano.

Na mesma filtración fálase que o dispositivo introduciría unha pantalla con calidade QHD de 2560 x 1440 píxeles, polo que Samsung se poría á cabeza en canto a calidade de pantalla. A cámara sería de 16 megapíxeles e o procesador de 64 bits.

Agárdase así mesmo que o novo Galaxy S5 introduza novos materiais como o aluminio, aínda que tamén se fala da posibilidade de que haxa 2 versións, unha neste material e outra en policarbonato. Ante todo o traballo que está a desenvolver este fabricante co seu sistema operativo Tizen, non descartamos que, ademais de por materiais, vexamos 2 Galaxy S5 diferentes, un con Android e outro con Tizen.

Como sempre, estes datos hai que tomalos con precaución. Veremos que información vai xurdindo nas próximas semanas.

Vía

Sobre o autor

Reply