Por fin está á venda no noso País a última tablet de Samsung, a Galaxy Note 10.1 2014 Edition, un dispositivo que, na liña da Galaxy Note 3 que analizamos hai uns días, ten uns acabados que lembran ao coiro, o cal aporta unha maior sensación de calidade.
Entre as súas características destacamos, ademais da pantalla de 10,1 polgadas (2560 x 1600 píxeles), o procesador SnapDragon 800 a 2,3 GHz na versión 4G/LTE, un Exynos de 8 núcleos na WiFi. Conta ademais con 3 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna. A cámara principal é de 8 megapíxeles e porta Android 4.3 Jelly Bean, actualizábel nos próximos meses a KitKat.
En canto a prezos, a versión WiFi custa 619 euros, mentres que a WiFi+LTE ten un PVP de 749 €.