Constrúe e reserva a túa tablet modular Click ARM

Hai unhas semanas presentabámosvos o proxecto modular da empresa española imasD, grazas ao cal calquera persoa pode construír unha tablet ao seu gusto.

Como podedes ver no vídeo, a idea e que cadaquén seleccione os diferentes compoñentes que desexa incluír no seu dispositivo, unha selección que non ten que ser de por vida porque grazas á modularidade poden ser reemplazados se vemos que quedamos curtos (por exemplo, de memoria) ou se por calquera razón se estropean.

click-arm

Aínda que até mediados do ano que vén non se poderán recibir, xa podemos entrar na súa web [ http://click-arm.com/ ] e construír (e reservar sen compromiso) a nosa tablet Click ARM.

Animaríadesvos a construír a vosa propia tablet ou preferides mercala xa feita?

Sobre o autor

Reply