Se onte compartimos con vós a os Mellores Smartphones do 2013, desta volta queremos partillar convosco as que para o equipo de Mallando no Android son as mellores tablets Android do 2013.
Pensamos que o mellor é facer unha diferenciación por tamaños, posto que están orientadas a públicos e usos diferentes, así que eliximos un Top 5 de tablets de menos de 10 polgadas e outro coas de máis de 10 polgadas.
Mellores tablets menos de 10 polgadas.
1.- Nexus 7 Edición 2013.
Logo dunha longa discusión, decidimos que a tablet de Google merece ser a tableta do ano de menos de 10 polgadas. A Nexus 7 Edición 2013 mistura un hardware potente, un software moi optimizado e un prezo co que non se pode competir. Por todos estes motivos é quen de merecer o seu primeiro posto.
2.- LG G Pad 8.3.
LG volveu con forza ao mercado das tablets da man desta G Pad 8.3. Neste dispositivo LG xuntou todo o que un usuario desexa: un bo software movido por un hardware potente e un coidado deseño. Podemos dicir sen medo, que é unha das tablets máis bonitas do ano.
3.- Amazon Kindle Fire HDX 7.
Amazon renovou a súa gama de tablets este ano presentando, entre outras, a Kindle Fire HDX 7 que é un dispositivo moi axustado en prezo para o hardware que monta. Ademáis o seu software fai que consumir todo o contido que nos aporta Amazon na súa tenda sexa moi sinxelo. Este é un punto que a diferencia da competencia co que pensamos que ben merece o terceiro posto.
4.- HP Slate 7 Plus.
A actualización das tablets Slate de HP chegaron hai moi pouco, renovando a gama que boa falta lle facía. É certo que a HP Slate 7 Plus aporta pouco realmente novidoso pero si son un producto de calidade a ter en conta para os vosos agasallos de Nadal.
5.- Samsung Galaxy Note 8.0.
É difícil non engadir á listaxe un producto de Samsung, xa que nos ten afeitos a ser un referente en calquera segmento no que participa, e nas tabletas non pode ser menos. Coa súa Note 8.0 achéganos unha tabet de catro núcleos con 2 GB de RAM que ben seguro satisface aos máis exixentes.
Mellores tablets 10 polgadas ou máis.
1.- Sony Xperia Z.
Para o equipo de Mallando no Android a mellor tableta de 10 polgadas ou máis é a Xperia Z. Nesta tableta temos un bo hardware acompañado dun completo paquete de conectividade, máis o que ao final nos namorou foi a sua pantalla resistente a todo tipo rabuñaduras. Tamén é resistente á auga que fai desta tableta un dispositivo a ter moi en conta.
2.- Samsung Galaxy Note 2014 Edition.
Por fin! Semellaba que Samsung olvidara por completo o mercado español, pero non foi así. Da Galaxy Note 2014 queremos destacar tanto o hardware como o acabado tipo coiro que fai desta tableta que sexa moi agradable na man ao tempo que lle aporta maior sensación de calidade.
3.- Lenovo Yoga.
Lenovo merece un posto na listaxe das tabletas do ano pola súa aportación ao mercado coa Lenovo Yoga. O que máis nos gustou foi a versatilidade que lle aporta o seu pé que nos da moito xogo: tanto pode facilitarnos a seu agarre como permitirnos que a tablet poida suxeitarse de moitos xeitos dándonos moitas posibilidades para consumir contido do xeito que máis nos conveña.
4.- Archos Gen 11.
Da Archos Gen 11 gustounos moito seu teclado integrado. Deste xeito atopámonos, no mesmo dispositivo, coa posibilidade de consumir contido pero tamén de crealo con moita facilidade. Pensamos qué é moi importante que os fabricantes aporten trebellos diferentes ao mercado e por isto colocámola no cuarto posto.
5.- BQ Edison 2.
Novamente temos que colocar un producto da firma española BQ na listaxe dos mellores do ano. Desta volta pensamos na Edison 2. Gústanos moito a relación calidade – prezo desta tablet coa que conseguimos unha boa experiencia de usuario cun prezo moi axustado.
E para vós, cales serían as mellores tablets do 2013?