Desde que sae lanzou o programa Explorers das Google Glass foron aparecendo numerosas aplicacións e ideas de ámbitos de uso para elas, aínda que até o de agora non demasiados accesorios.
Hai unhas semanas falamos de Remotte, o mando a distancia para as Google Glass co que poderemos levar a cabo algunhas accións sen ter que andar tocando a patilla dos lentes. Porén, hoxe queremos presentarvos outro orientado a mellorar a súa autonomía, PWRGlass.
A idea detrás de PWRGlass é mellorar a autonomía, posto que os 570 mAh que ten a batería da versión actual das Google Glass é a principal queixa que están a facer os Explorers. Trátase dunha cinta como as habituais de suxeitar os lentes á cabeza que engade 1400 mAh extra, polo que a vida útil vese tremendamente mellorada.
Tedes máis información na web do proxecto e podedes ver algúns vídeos na súa canle de YouTube