Novas ilusións para unha nova época

googlegal

[Actualización] Este artigo foi unha brincadeira; hoxe é 28 de decembro 🙂

Hai tres anos e medio puxemos en marcha Mallando no Android, un espazo que en xullo renovamos por completo para actualizar dun formato estático a un novo deseño que mellora a experiencia de usuario, cunha visión cómoda e optimizada para todo tipo de dispositivos.

Porén, ningún cambio feito até o de agora no blog tivo a importancia do que hoxe queremos compartir con todas e todos vós e que supón un punto de inflexión na historia de Mallando no Android: seremos o espazo oficial de Google en Galicia.

A compañía do buscador púxose en contacto con Mallando no Android hai unhas semanas para detallarnos o seu proceso de expansión territorial, que implica a apertura de novas sedes en Galicia, Catalunya e Euskadi. No que atinxe á nosa terra, tras a consecución do dominio puntogal, Google interesouse por adquirir o google.gal (estará operativo en canto se habilite a comezos do ano que vén) como primeiro paso para o desembarco galego; así mesmo tamén alugou unha oficina en Santiago de Compostela cuxa apertura está prevista para mediados de mes.

Nos diferentes encontros que mantivemos con responsábeis de Google tamén se nos ofreceu, tendo en contra a traxectoria do blog en tratar temas directamente relacionados con Android e Google, convertir Mallando no Android no espazo oficial de comunicación da compañía no noso País, algo que aceptamos tras coñecer as condicións.

Neste senso, o equipo de Mallando no Android traballará a partir de xaneiro desde as oficinas de Google Galicia en Santiago de Compostela, desde onde seguiremos informando da actualidade de Android (aínda que desde un punto de vista máis corporativo) e  pulando internamente para conseguirmos o Android en Galego, iniciativa na que estivemos a traballar nos últimos meses.

*Se queredes acudir á inauguración da nova sede Google Galicia – Mallando no Android, deixádenos o voso correo neste Drive.

Sobre o autor

6 Comments

  1. rrr 28 Decembro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 28 Decembro, 2013 Responder
      • rrr 28 Decembro, 2013 Responder
  2. cabuxaMapache 28 Decembro, 2013 Responder
    • Iago Varela Martínez 28 Decembro, 2013 Responder
  3. Antón 28 Decembro, 2013 Responder

Reply