Asus vén de anunciar o lanzamento do Miracast Dongle, un pequeno accesorio que nos permite compartir contido multimedia do noso smartphone ou tablet con calquera trebello que dispoña de entrada HDMI de forma totalmente inarámica.
O seu deseño lembra a os típicos pendrives ou a outros trebellos como o Chromecast de Google , tendo visíbel unicamente o conector HDMI, polo que actualiza a práctica totalidade dos televisores que e venden hoxe en día.
Sincronízase co noso smartphone ou tablet creando unha conexión WiFi que soporta reprodución de vídeo en FullHD, aínda que as posibilidades van máis aló que o estritamente multimedia, xa que poderíamos compartir xogos, ou, en xeral, a pantalla. Todo ilo sen necesidade de configuracións e conexións.
Está dispoñíbel por 89,99€