A serie L II de LG recibirá a funcionalidade knock-knock nunha próxima actualización

 

LG_KNOCK2

O LG G2 trouxo consigo diversas novidades e innovacións, entre as que destaca a ausencia de botóns laterais. Ligado a isto, este terminal incluiu a activación da pantalla co dobre knock (toc – toc), sen ter que premer botón algún.

Unha actualización de software que chegará proximamente (establecen xaneiro como data xenérica) levará esta funcionalidade aos terminas da serie L II, é dicir, os presentados o ano pasado (Optimis L3 II / L5 II / L7 II / L9 II).

Así mesmo, os próximos dispositivos da compañía tamén incluirán este xeito de activación que parece terse convertido nunha marca de diferenciación do fabricante coreano.

Sobre o autor

Reply