Iconia A1-830 e Iconia B1 (2014), as dúas tablets que Acer leva ao CES

Acer A1-830

Acer iniciou o ano amosando as súas dúas alternativas en tablets, un sector no que segue a centrar a súa aposta polos dispositivos arredor das 7 polgadas, máis orientadas ás mobilidade. Neste senso, o CES é o escenario no que dá a coñcer as novas Iconia A1-830 e a terceira xeración da Iconia B1.

Iconia A1-830 destaca polo seu deseño de bordes redondeados e os seus acabados en aluminio, dous factores que inciden nunha sensación de maior calidade para as e os usuarios. Incorpora unha pantalla de 7,9 polgadas (2014 x 769) e 178º de visión, cunha relación de aspecto de 4 x 3.

Acer A1-830 frrontal

Completan a folla de características un procesador Intel Atom Z2560 a 1 GHz, 1 GB de memoira RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSDs de até 32 GB. Ten dobre cámara, a traseira con gravación FUllHD 1080, e dobre altofalante para conseguir son en estéreo.

Acer A1-830 traseira

Pola súa banda, a Iconia B1, de 7 polgadas, ten como punto forte a súa delgadez. Trátase dunha actualización do modelo anterior (xa vai pola terceira xeración) que mellora algúns aspectos como o procesador ou a duración da batería.

Acer Iconia B1

O procesador é de dobre núcleo a 1,3 GHz, con 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis con microSD de até 32 GBs. Dispón unicamente de cámara frontal e estará dispoñíbel en dúas versión atendendo á súa conectividade (WiFi ou WiFi + 3G).

O fabricante taiwanés tamén desenvolveu unha serie de accesorios oficiais para estes dispositivos, nos que se inclúen teclados físicos e diversas fundas.

En canto a dispoñibilidade, a A1-830 chegará en abril por 169 €, mentres que a Iconia B1 poderase mercar desde febreiro por 129 € (versión WiFi)

Sobre o autor

Reply