Corning anuncia Gorilla Glass para pantallas de diferentes formas

gorilla glass curvo

Moitas veces temos falado no blog de Gorilla Glass, a proteción que integran moitas das pantallas dos nosos smartphones para se protexer de danos por rabuñadas ou golpes.

Corning, empresa responsábel de Gorilla Glass, vén de anunciar que xa están producindo solucións que se adaptan ás formas máis diversas das pantallas, onde poderíamos falar de terminais con paneis curvos como o LG G Flex ou as dos diferentes smartwatches que se están a presentar.

Non cabe dúbida de que é unha moi boa nova, xa que resulta bastante habitual meter o teléfono nun peto coas chaves ou, pensando nos reloxos, darlles pequenos croques. Con esta protección, estas inclemencias non serán problema para os nosos trebellos.

Sobre o autor

Reply