Google merca Bitspin, a empresa responsábel de Timely Alarm Clock

bitspin

Google adiantou as rebaixas de xaneiro e saíu de compras para facerse con Bitspin, unha start up de desenvolvemento de software coñecida pola popular aplicación de alarma Timely Alarm Clock, ferramenta que combina un gran deseño e usabilidade.

Nos últimos tempos Google está a centrar parte do seu traballo no coidado da imaxe, acotando moito como quere o deseño de Android e das súas aplicacións. Neste senso, a traxectoria de Bitspin captou a atención da compañía de Mountain View, que remataría por mercala na operación coñecida esta tarde a través dun escueto comunicado. Trascenderon poucos detalles desta compra, máis aló de que a equipa da start up pasará a formar parte da propia Google.

Para celebrar a operación, a versión premium de Timely Alarm Clock pasa a ser de balde. Pode descargarse desde a Play Store.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply