Polaroid lanza 3 novas tablets Android de 7, 8 e 10.1 polgadas

polaroid-q10

No CES do ano pasado sorprendéranos a nova de que Polaroid lanzaba unha tablet con Android, pois era un fabricante que tiñamos moi asociado ao campo da fotografía. En calquera caso, a lo menos por estas latitudes, nunca máis se volveu falar daquel dispositivo anunciado en Las Vegas.

12 meses despois volven poñer sobre a mesa as súas alternativas en tablets Android, 3 dispositivos cos que pretenden cubrir todos os tamaños. Son as Polaroid Q7, Polaroid Q8 e Polaroid Q10, cuxos nomes sinalan explicitamente o tamaño das súas pantallas: 7, 8 e 10.1 polgadas.

polaroid-q8

Aínda que desde a compañía non quixeron desvelar moitos detalles, sábese que todas comparten o mesmo procesador de 4 núcleos (non sabemos de cantos GHz), que están orientadas ao consumo de multimedia (algo que demostran coa presenza dos altofalantes frontais e a integración do porto HDMI) e que sairán con Android 4.4 Kitkat de fábrica.

polaroid-q7

Estarán á venda na primavera e, aínda que non falaron de prezos, poderíamos dicir que rondarán os 150-200 dólares. Saltarán o charco este ano?

Sobre o autor

Reply