A coreana LG introdúcese de cheo no campo dos wearables coa súa nova Life Band Touch, un trebello que entra a competir directamente coa Fuelband de Nike, a Fitbit ou Jawbone Up.
A nova pulseira intelixente de LG conéctase ao noso smartphone a través de Bluetooth 4.0 e serviranos non só para levar a conta da nosa actividade física diaria senón tamén como centro de notificacións do noso smartphone.
Das súas características destaca a súa pequena pantalla OLED a cor e a resistencia á auga, un aspecto que desde Mallando no Android consideramos fundamental en calquera accesorio deseñado para ir situado preto das mans, que sempre están espostas a se mellor.
Así mesmo, a Life Band Touch chega cun accesorio, o Heart Rate Earphone, un auricular que, ademais de servir para escoitar audio tamén é capaz de monitorizar o noso ritmo cardiaco grazas a un sensor óptico.
A Life Band Touch funcionará a través dunha aplicación específica para o noso smartphone e chegará ao mercado esta primavera