O Diario Oficial de Galicia, desde hoxe, na Google Play

Pantallazo-1

A Xunta de Galicia vén de publicar a nova aplicación para dispositivos móbiles do Diario Oficial de Galicia (DOG), facilitando a consulta da información desta publicación en calquera momento e lugar desde un smartphone ou tableta Android.

A aplicación permite consultar a información dispoñible no DOG do mesmo xeito que se faría a través da web, coas opcións de acceder ao último diario dispoñible, realizar unha busca para unha data concreta e consultar o contido directamente na aplicación e descargalo en pdf.

Ademais, o DOG para dispositivos móbiles abre unha serie de posibilidades novas para que a persoa usuaria escolla os anuncios do seu interese. Poden filtrarse por:

  • Sección: disposicións xerais, autoridades e persoal, anuncios…
  • Rango: lei, decreto, orde, resolución…
  • Área temática: ensino e formación; medio ambiente; ciencia e tecnoloxía; economía, empresa e emprego…
  • Colectivo ao que van dirixidos: autónomos/as, desempregados/as, empresas, emigrantes, pais e nais…

Pantallazo-5

A función “favoritos” permite ter sempre a man os anuncios de especial relevancia para cada persoa usuaria ademáis de dar como opción compartir o contido do xeito que desexes: e-mail, rrss, gardar na nube…

Pantallazo-4

A aplicación é gratuíta, compatíbel con todos os Android con versións 2.1 ou superior e pódese descargar desde a Google Play.

Sobre o autor

Reply