O regreso de Motorola a Europa está a ser todo un acontecemento. Non en van, o seu Moto G foi un dos smartphones máis agasallados este pasado Nadal no noso País, e non é para menos, posto que integra unha das mellores relacións calidade – prezo do mercado.
Hoxe Motorola comezou a enviar convites aos medios para un evento que terá lugar o vindeiro 14 de xaneiro en Londres e todo parece indicar que nel anunciarían a chegada do Moto X, o irmán maior do Moto G que malia ter sido presentado antes até o de agora só estaba dispolíbel nos Estados Unidos.
Lembrámosvos as características principais deste dispositivo:
- Pantalla HD de 4,7 polgadas
- Procesador SnapDragon S4 Pro, 4 núcleos a 1,7 GHz.
- 2 GB de memoria RAM
- 16 GB de memoria interna
- Batería de 2300 mAH
- Cámaras de 10 e 2 megapíxeles
- Android 4.4 KitKat.
Se se confirma a nova e se mantén o prezo americano, os 399 dólares virían a ser un 300 euros, unha cantidade máis que tentadora para un dispositivo con grandes posibilidades e avalado pola propia Google.