Pebble Steel, o smartwatch de Pebble agora en aceiro

O Pebble foi un dos primeiros reloxos intelixentes que coñecemos, froito dunha campaña de crowdfunding, e a día de hoxe é un dos favoritos dos usuarios deste tipo de trebellos, contando xa con máis de 300.000 unidades vendidas.

pebble-steel

Onte á tarde presentaron, no marco do CES, o seu novo modelo, Pebble Steel, un dispositivo que mantén as mesmas características técnicas ca o orixinal, pero que muda os materias plásticos por aceiro inoxidabel para quen busque uns acabados máis serios, inclúe Gorilla Glass á pantalla para aumentar a súa protección fronte as rabuñadas e un indicador LED para avisar do estado da batería.

O novo modelo custa 249 dólares (176 €), 100 (73 €) máis ca o modelo orixinal, e xa se pode mercar a través da páxina oficial do mesmo.

Sobre o autor

Reply