Sony presenta o Xperia Z1 Compact: máis pequeno, igual de potente

0_Xperia_Z1_Compact

Siguen as presentacións no CES de Las Vegas, onde Sony celebrou un evento esta madrugada no que deu a coñecer algunhas das novidades para este 2014. Directamente relacionado con Android presentou o novo Xperia Z1 Compact, a versión mini do Xperia Z1, aínda que non tanto por especificacións recurtadas, senón por tamaño.

Incorpora unha pantalla de 4,3 polgadas (720 x 1280 píxeles), procesador SnapDragon 800 a 2,2 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámara principal de 20,7 megapíxeles e batería de 2300 mAh. Así mesmo, cumpre as normativas IP55 e IP58 de protección a suciedade e resistencia á auga.

xperia z1 compact

Como podedes ver, as únicas diferenzas co seu irmán maior están nos tamaños da pantalla (e a súa resolución) e batería, aínda que desde Sony confirmaron que a autonomía é semellante ao verse reducido o seu consumo nunha pantalla menor. Semella que neste senso o fabricante xaponés atendeu as peticións dos usuarios que se queixaban de que as mellores especificacións estivesen dispoñíbeis unicamente nos dispositivos máis grandes.

Estará á venda de xeito global en catro cores (negro, amarelo, branco e rosa) a partir do mes de febreiro por uns 500 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply