Fíltrase a nova interface de Samsung TouchWiz

Samsung TouchWiz

Coa cantidade de fabricantes e dispositivos moi semellantes en canto a hardware resulta bastante complicado decidirse por un ou outro teléfono, deixando de lado temas de deseño ou prezo. Porén, o software pode – e debe – ser o factor determinante á hora de escollermos o noso terminal.

Neste senso, as capas de personalización que os diferentes fabricantes implementan sobre a base de Android sempre deron que falar, para ben e para mal. Para mal porque moitas veces, sobre todo en smartphones con poucos recursos, significaban unha ralentización do terminal, e para ben cando ofrecen algo realmente innovador.

Neste senso, cando HTC presentou o seu HTC One centrou todas as miradas ao implementarlle o Blinkfeed, un vistoso xestor de novas e actualizacións sociais. Doutra banda, Samsung tamén adoita traballar moito esta parte para ofrecer solucións diferentes aos usuario, véxase o caso do Galaxy S4 ou das Galaxy Note.

Precisamente de Samsung filtráronse onte unhas capturas de pantallas da nova versión de TouchWiz, a súa capa de personalización, que previsibelmente estreará o que será o seu buque insignia do 2014, o Galaxy S5. Da pouca información que se coñece podemos ver un novo deseño estético e a implementación de servizos suplementarios (rutas, novas…) na pantalla de inicio.

Até que punto é importante para vós a personalización dos fabricantes? Preferides funcionalidades extra ou a versión Android pura?

Vía

Sobre o autor

Reply