Vuzix integra recoñecemento de voz nos seus lentes M100

M100-in-use-white-690x485

Neste CES estamos a ver avanzos moi importante en wearables, especialmente en reloxos intelixentes. Porén, tamén se deixaron ver pola feira de Las Vegas as Vuzix M100, uns lentes alternativos ás Google Glass dos que xa falamos hai unhas semanas.

O seu paso por esta feira serviu para anunciar a integración do recoñecemento de voz grazas á tecnoloxía de Nuance Communications. O método escollido para a integración da voz foi en local, o que permite aos usuarios non depender dunha conexión a Internet para que funcione este recoñecemento. Así mesmo, con esta actualización entende os comandos de voz naturais, polo que podemos indicarlle, por exemplo, que se desprace por un menú e seleccione unha aplicación determinada para abrir.

A diferenza das Google Glass, as Vuzix M100 xa se poden mercar por 999 dólares.

Sobre o autor

Reply