Nas últimas semanas, diferentes declaracións de directivos de Samsung facían apuntar ao Mobile World Congress como o lugar no que presentar o novo Galaxy S5. Porén, unha entrevista a a Lee Young-hee, vicepresidenta de Samsung Mobile, volve sementar as dúbidas sobre a súa presenza na capital catalana.
Vimos anunciando o noso smartphone estrela na primeira metade de ano, arredor de marzo e abril; aínda seguimos apuntando a esas datas para o lanzamento. Cando anunciemos o noso smartphone S5, tamén podedes esperar un sucesor do Galaxy Gear con funcións máis avanzadas e deseño mellorado.
Pero estas palabras, recollidas nunha entrevista en Blommberg, tamén apuntan á chegada do Galaxy Gear 2 xunto ao buque insignia da compañía, do cal se agarada un novo deseño e novas funcionalidades, como os orientados ao recoñecemento biométrico.
Hai moita xente entusiasmada co recoñecemento de iris. Estamos estudando esa posibilidade.
Na mesma entrevista, Lee Young-hee tamén confirma o lanzamento para este 2014 de novos wearables: veremos os Samsung Spectacles?