Gmail habilita o envío de correo aos contactos de Google+, sen termos o seu enderezo

Pode que vos teñades visto na situación de querer enviar un correo electrónico a alguén que tedes no Google+ e, de súpeto, decatarvos de que non tedes o seu enderezo de correo electrónico. Pois ben, isto deixará de ser un problema logo da actualización en Gmail que vén de anunciar Google e que todas e todos teremos dispoñíbel nun par de días.

connections1

A partir de agora, cando vaiamos seleccionar a ou o destinatario do correo, poderemos seleccionar tamén aqueles contactos que temos nos nosos círculos do Google+, aínda que non tivésemos intercambiado os enderezos electrónicos. O intercambio que fagamos de mensaxes a través deste método en Gmail non desvelará o noso enderezo (a menos que nós o indiquemos no corpo da mensaxe) polo que contactaremos entre identidades, un método que vai na liña do futuro das comunicacións, onde contactaremos entre persoas, sen ter que desvelar o que hai por baixo (ben sexa un número de teléfono, un correo…).

connections3

Para aquelas persoas que vexan nisto unha intromisión da súa privacidade, Google permite seleccionar se non queremos ter activa esta funcionalidade ou establecer o nível até o cal deixaremos que a xente poida contactar connosco.

connections2

Vía

Sobre o autor

Reply