Son varios (e importantes) os fabricantes que neste CES están a presentar ordenadores all-in-one con Android, unha aposta arriscada pero que pode comezar a marcar tendencia. Se hai uns días falabamos do Acer TA202 HUL, hoxe toca falar de Lenovo e HP, e das súas respectivas alternativas.
O Lenovo N308 incorpora unha pantalla HD de 19,5 polgadas, 2 GB de memoria RAM, 320 ou 500 GB de memoria interna, 2 portos USB, micrófono, altofalantes, conexión LAN RJ45 e lector de tarxetas 6-1.
A versión máis básica (320 GB) custará 420 dólares (~310 €) e virá con Android 4.2.
A alternativa de HP é a HP Slate21 Pro, que sube até as 21,5 polgadas. O procesador que leva é un Tegra 4 de catro núcleos a 1,9 GHz, acompañado de 2 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e 50 GB extra en Box, porto Ethernet e conexión Wifi, 4 portos USB (un 3.0, tres 2.0).
Custará 399 dólares (~ 290 euros), pero non sairá dos Estados Unidos.
Mercaríades un ordenador deste tipo con Android ou preferiríades outro sistema operativo?