Sony Core, a pulseira coa que Sony quere controlar a nosa actividade física

Hai uns días falámosvos da LG Life Band Touch, unha pulseira coa que LG quere controlar a nosa actividade física, e hoxe toca mencionar a alternativa de Sony, quen tampouco quixo deixar pasar o tren do CES para pre-presentar a súa Sony Core.

SmartBand_negra_low

O fabricante xaponés non quixo dar moitos detalles deste novo gadget, “o máis pequeno que fixo Sony nunca”, máis aló de que o sensor que fará que funcione é precisamente o que lle dá nome ao becho, Core. ou que os datos recopilados serán trasladados ao smartphone e procesados na aplicación Lifelog. Así mesmo, a Sony Core vibra cando se recibe unha chamada ou mensaxe permite ter o control da música que se reproduce.

Prevese que sexa no MWC cando Sony aporte todos os detalles deste novo produto, así como información sobre a súa dispoñibilidade ou prezo.

Sobre o autor

Reply