Samsung e o fabricante de bicis Trek Bikes uníronse para crear unha bicicleta que amosaron – en forma de prototipo – neste CES e que permite recargar a batería do noso teléfono ao tempo que pedaleamos.
Este primeiro modelo fíxose tendo en mente como referencia a Galaxy Note 3, dispositivo co que se adapta á perfección, aínda que se trata dunha idea que se podería extender de xeito doado a calquera dispositivo tendo as suxecións axeitadas.
Malia todo, neste modelo, ao conectarse actívase un modo bicicleta que informa na pantalla do terminal da velocidade e outras cifras relacionadas coa actividade física que estamos a realizar.
Que vos parece a idea? Vós tamén sodes de levar o móbil na bicicleta?