O novo de Sphero, o 2B

A Sphero coñecémolos hai case dous anos grazas ao seu robot con forma de esfera que podemos manexar co noso smartphone. A evolución deste, o Sphero 2B, presentouse no marco do CES de Las Vegas.

Desta vez mudaron a forma por unha especie de rodillo cos laterais fabricados en goma para un mellor agarre e permitir maiores velocidades (até 4 m/s). Pódese programar para realizar diversas actividades e o seu SDK estará dispoñíbel para que os desenvolvedores poidan facer aplicacións e xogos que lle den máis uso.

Está previsto que saia á venda en outono por uns 100 euros.

Sobre o autor

Reply