Hai hoxe unha semana Sony anunciou no CES o seu novo Sony Xperia Z1 Compact, un terminal de gama alta que rompeu coa tradición de combinar as mellores características con pantalla de gran tamaño, quedando nas 4,3 polgadas (720 x 1280 píxeles).
O fabricante xaponés vén de desvelar o seu prezo a través da súa páxina web, onde xa se pode reservar, quedando establecido en 549 €.
A medo de recordatorio, lembrámosvos as principais características:
- Pantalla de 4,3 polgadas (720 x 1280 píxeles)
- Procesador SnapDragon 800 a 2,2 GHz
- 2 GB de memoria RAM
- 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD
- Cámara principal de 20,7 megapíxeles
- Batería de 2300 mAh
- Resistencia a pó e auga (normativas IP55 e IP58)
Está dispoñíbel en catro cores (negro, amarelo, branco e rosa).