Recupera o tempo perdido xogando ao Buscaminas

Pantallazo

Houbo un tempo no que os xogos eran outra cousa. Nada de grandes resolucións, nada de poder xogar online coas nosas amizades, nada de avisalos de que estás a xogar para que te vexan en tempo real sen moverse da casa. Eran xogos básicos que tiñan como finalidade entreter, nin más nin menos. E non era pouco.

Un exemplo do que vos estamos a falar foi o Minesweeper (ou Buscaminas ) que probamos nestes días. Os lectores máis novos seguro que xogaron ben pouco a este xogo, pero foi moi popular na década dos 90. Lanzouse en 1989 pero o seu apoxeo chegou cando foi incluído en Windows 3.1, sistema operativo de referencia nos ordenadores daqueles anos.

screenshot-20140108-185629

Pois ben, para os máis nostálxicos temos na Play Store este xogo para desfrutar del en calquera lugar desde o noso smartphone Android.

A aplicación é moi sinxela. Unha vez instalada podemos seleccionar o nivel e a xogar. Temos que destacar, que como é normal, ten algunhas funcións típicas dos tempos no que vivimos e podemos loguearnos coa conta de Google+ para ir desblogueando badges ou ver as mellores puntuacións por niveis.

screenshot-20140108-193541

Tamén temos a posibilidade de ver os nosos mellores tempos e contamos cunha opción para crear un taboleiro que se adapte aos nosos desexos; que tamaño: 6×6 ou 32×32 e mesmo cantas minas colacar 1 ou 50, por exemplo.

screenshot-20140109-122431

screenshot-20140109-122912

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Sen dúbida non é o mellor xogo para moitos de vós, pero penso que si é unha opción elixida por moitos para ocupar tempos mortos mentres agardamos por un amigo que se retrasa ou na cosulta do médico.

Podedes descargar Minesweeper desde a Google Play Store dun xeito gratuito e para versións de Android 2.2 e superiores.

Sobre o autor

Reply