Esta mañá chegou unha nova moi agardada por moitos desde fai tempo, que se axitou recentemente co anuncio da data dun evento a nivel europeo de Motorola no que se presentará o que foi o seu principal terminal na era Google. Non é outro que o Moto X.
Para aqueles que non vos lembrades del, recordámosvos as súas principais características:
- Pantalla de 4,7 polgadas con resolución 1280 x 720.
- Procesador de dobre núcleo Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,7 GHz.
- 2 GB de RAM.
- 16 GB/32 GB de memoria interna (non ampliábeis).
- Cámaras de 10,5 e 2 megapíxeles.
- Batería de 2200 mAh.
Pois ben, o terminal estará á venta no mes de febreiro en España a un prezo libre 429€, cifra que aínda non está 100% confirmada.
Tamén debemos dicir que hai unha cousa que nos gustou un pouco menos; non teremos a posibilidade de personalizar, case até o extremo o terminal, un dous seus punto diferenciadores coa competencia.
Que pensades deste terminal? Pode chegar un pouco tarde, logo de termos o Moto G desde antes do Nadal?