ChipSIP Smart Glass, a copia chinesa das Google Glass

Exif_JPEG_PICTURE

Non resulta extrano nin complicado atopar copias chinesas dos smartphones máis populares, como o Samsung Galaxy S4, aínda que estes clons non adoitan ir máis aló do parecido físico, xa que internamente nada teñen que ver.

Como era predicíbel, as Google Glass non tardaron en chamar a atención destas empresas chinesas, que non quixeron nin agardar á posta á venda do modelo de Google para sacar a súa copia por uns 500 dólares (~ 370 euros), 3 veces menos que o que custa o modelo da Gran G no programa Explorer. Son as ChipSIP Smart Glass.

smart glass especificacions

Deixando de lado os parecidos razonábeis (aínda que, como podedes ver na foto, menos estilizadas e discretas) e centrándonos nas súas características hardware, a priori vemos melloras, como un procesador máis potente, o uso de sonido estéreo ou unha pantalla de maior resolución, aínda que habería que ver canta desa información é real, independentemente da calidade que poidan ter os diferentes compoñentes.

Para a interface presumen de empregar Android 4.2, no canto de 4.0.4 das Google Glass. Neste senso, hai que facer unha paréntese para sinalar que Google fixo un sistema derivado e minimalista de Ice Cream Sandwich que nada se parece ao Android que coñecemos dos smartphones. Porén, a solución das Smart Glass é implementar o sistema operativo tal cual, como se tivésemos un teléfono virtualizado diante. A principal vantaxe disto é que podería executar calquera aplicación, non tería que estar deseñada para o sistema en específico.

smart glass vs google glass

Pódense conectar co smartphone a través de Bluetooth ou WiFi; este último modo de conectividade tamén permite replicar a pantalla do smartphone nos lentes, polo que poderíamos disfrutar neles de calquera aplicación.

Non sabemos se estes lentes poden ser mercados desde acó, aínda que para nós non sería unha opción recomendábel, sobre todo sendo unha tecnoloxía tan verde. Se queredes atopar máis información podedes botarlle un ollo a este pdf.

Vía

Sobre o autor

Reply