Uns lentes de contacto para controlar a diabete, o novo proxecto de Google X

Google non deixa de sorprendernos coas ideas que xurden do seu laboratorio experimental Google X (de onde saíron as Google Glass ou  o Project Balloon, entre outros). O último proxecto – coñecido – foi anunciado esta madrugada: uns lentes de contacto para a xente que padece diabete, que xa supoñen 1 de cada 19 persoas.

google diabete

Estes lentes dispoñen dun sensor que mide a concentración de glucosa nas bágoas do doente, transmitindo de xeito inarámico os datos a outros dispositivos para ser tratados, o que supón unha grande vantaxe para quen ten que estar medindo o nível de glucosa en sangue continuamente.

A aventura de miniaturización do hardware é tal que falan dunha antena “do grosor dun cabelo humano”, pero aínda están a mellorar o sistema para tratar de integrar unha pequena luceciña LED que alerte ao doente se os níveis transpasan límites aceptábeis.

É moi cedo para falar da súa posíbel saída ao mercado, posto que teñen que pasar un longo período de homologación. Porén, este novo proxecto é unha mostra máis de como a innovación tecnolóxica pode facernos a vida moito máis doada.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply