Smartbell, o porteiro automático para para o teu Android

Os porteiros automáticos son ese tipo de innovacións que levan tanto tempo connosco que xa parece que non poderían evolucionar máis, logo de ter incluído o vídeo. Porén, unha empresa decidiu darlle unha volta máis conectándoos co noso smartphone; o resultado é Smartbell.

A idea fundamental é conectar o porteiro automático Smartbell á nosa rede WiFi para que, unha vez en funcionamento, cando alguén chame ao noso timbre efectúe unha vídeochamada ao noso smartphone e así podermos decidir se nos interesa contestar ou non, sen importar onde nos atopemos.

smartbell como funciona

Malia todo, as posibilidades de Smartbell van máis aló dun videoporteiro que nos chama ao smartphone cando alguén toca o noso timbre. A capacidade de personalización é sen dúbida un dos puntos fortes deste novidoso dispositivo. Dunha banda, permite configurar diferentes botóns, un por cada membro do fogar, para que cando chegue o visitante chame á persoa e non moleste ao resto de cohabitantes; por outro lado, pódense configurar diferentes mensaxes con fotos ou notas para darlle o toque persoal ao noso porteiro, como se dun smartphone se tratara.

No noso smartphone, Smartbell xestiónase cunha aplicación compatíbel cos Android con versións 2.3 ou superior, unha ferramenta que tamén nos ofrecerá a posibilidade de abrir o garaxe ou porta, pois este timbre intelixente é compatíbel co protocolo z-wave.

smartbell z-wave

Sairá á venda nas próximas semanas por 279 dólares, uns 200 euros ao cambio.

Sobre o autor

Reply