O xornal Sermos Galiza vén de estrear a súa aplicación para trebellos Android, unha ferramenta que permite acceder ás novas publicadas na web do diario de xeito máis sinxelo e organizado desde o noso smartphone ou tablet.
A aplicación é moi sinxela e organiza as novas en diferentes apartados (portada, Galiza, mundo, cultura, memoria, deportes, opinión e Okapi no Courel), para que cada quen poida acceder rapidamente aos contidos que máis lle interesen. Unha vez aberta unha nova, ábrese a posibilidade de compartila a través das redes sociais, correo electrónico, etcétera.
Nas opcións de configuración poderemos seleccionar o tempo de caché e se permitir ou non descargar as imaxes, de cara ao aforro na cantidade de datos consumidos.
Sermos Galiza é unha aplicación gratuíta e pódese descargar desde a Play Store.