Fíltranse imaxes e características dun novo modelo de Sony: Xperia Z2?

xperia z2

Co CES 2014 rematado e unha nova edición do MWC practicamente en marcha, as filtracións e rumores están á orde do día. O protagonista de hoxe é Sony, marca da que se vén de filtrar un novo modelo que leva como nome en clave Sirius e que ten todas as papeletas para ser o Xperia Z2.

xperia z2 interfaz

As características técnicas que se deron a coñecer extraoficialmente sinalan que este novo smartphone contaría cunha pantalla FullHD de 5,2 polgadas, procesador SnapDragon 800 a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por micro SD e cámaras de 20,7 e 2,1 megapíxeles.

En canto a software, as primeiras informacións apuntaban a que sairía con Jelly Bean, aínda que tras as últimas revelacións todo apunta a que virá con Android 4.2.2 – Kitkat desde o momento do lanzamento.

A menos que haxa sorpresas, practicamente poderíamos asegurar que este dispositivo verá a luz no MWC, un evento que este ano parece que vai traer moitas novidades.

Vía

Sobre o autor

Reply