O primeiro terminal curvo de LG, o LG G Flex, xa ten data aproximada para a súa chegada ao mercado europeo. A finais do próximo mes de febreiro estará dispoñíbel por un prezo por determinar, pero que podería rondar os 1000 euros.
Este novo dispositivo conxuga varios elementos novidosos nos que o fabricante está a traballar, como as pantallas curvas co seu panel OLED plástico (P-OLED), baterías flexíbeis e materiais que autoamañan as rabuñadas.
Características principais:
- Pantalla de 6 polgadas (1280 x 720)
- Procesador de 4 núcleos a 2,26 GHz
- 2 GB de RAM
- 32 GB de memoria interna
- Cámaras de 13 / 2.1 MP
- Batería de 3500 mAh
- Android 4.2.2 (actualizábel)