Sex with Glass, a aplicación sexual das Google Glass

sex with glassDesde que se deron a coñecer, as Google Glass chamaron a atención da industria do porno, que viu no novo dispositivo de Google un mundo de posibilidades. Aínda que os primeiros movementos nesta liña non sentaron ben en Mountain View, que axiña vetou contido pornográfico no mercado de aplicacións destes lentes intelixentes, un novo – e moito máis complexo – proxecto tenta facerse oco na tenda de aplicacións das Google Glass; falamos de Sex with Glass.

Ok Glass, it’s time

Baixo a máxima Wear glass, Have Sex, a aplicación inclúe unha completa listaxe de funcionalidades coas que pretenden mellorar as relacións sexuais, as principais son as seguintes:

  • POV (Point of View). Funcionalidade obvia, non? Usando a cámara das Google Glass poderemos retransmitir á nosa parella o que estamos a ver e, ao mesmo tempo, ver o que a outra persoa ve coas súas Glass.
  • Gravación para ver despois. Poderemos gravar a relación, un vídeo que se subirá a unha nube privada e que estará dispoñíbel durante 5 horas; tras ese tempo, desaparecerá para que non haxa filtracións do mesmo. Ademais, poderemos vencellar un smartphone que capte a escena desde un terceiro ángulo.
  • Control do entorno: se temos unha casa domótica, poderemos pedirlle aos lentes de Google que baixe a intensidade da luz ou que comece a reproducir a canción que nos motiva.
  • Recomendación de posturas. Cando queiramos innovar e non teñamos ideas, poderemos pedirlle á aplicación que nos amose na pantalla novas posturas para practicar.

sex with glass 2

Como vedes, non se trata dunha aplicación porno, senón un conxunto de utilidades pensadas para mellorar – ou cando menos experimentar – as nosas relacións sexuais. Védesvos nun futuro usando as Google Glass nestes momentos?

Se queredes máis info, podedes visitar a web da aplicación.

Sobre o autor

No Responses

Reply