Os rumores iniciais que apuntaban á presentación do Samsung Galaxy S5 no MWC de Barcelona parecían ter cesado tras a entrevista a Lee Young-hee que deixaba caer que sería nalgún momento entre marzo e abril.
Porén, un tweet de Eldar Murtazin, quen xa anunciara con todo luxo de detalles as datas cando fora o Galaxy S4, volve situar esta presentación na capital catalana:
Presentación do Galaxy S5 – 18.00h. Barcelona, 23 de febreiro. mesmo prezo. Lanzamento: finais de abril. Especificacións: as que se saben 🙂 novo Touchwiz
Se isto é certo, o domingo 23 de febreiro ás 18h habería un Samsung Unpacked no que se presentaría o novo Galaxy S5, cuxas características serían as que xa vos adiantamos neste outro post.
En calquera caso, de ser certo, non deberíamos tardar demasiado en ter información oficial. Vós que pensades?