O actual dispositivo de referencia de LG, o LG G2, apúntase tamén á moda das cores introducindo dúas novas tonalidades, ademais do branco e negro nos que adoitan quedar as gamas altas.
Os escollidos foron o vermello e o dourado, esta última a nova horterada tendencia que tamén podemos ver no Galaxy S4 de Samsung ou no HTC One.
Non sabemos os prezos nin se estarán dispoñíbeis no noso país, posto que son unha edición limitada. Escolleríades algún deles ou sodes máis clásicos?