Un novo dispositivo de Wiko chega as tendas do noso país, destacando unha vez máis por uns prezos axustados para as súas prestacións, o que fai que sexa especialmente accesíbel. É o Wiko Darknight.
Este dispositivo integra unha pantalla IPS de 5 polgadas (1280 x 720) con Gorilla Glass, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. As cámaras quédanse nos 8 e 2 megapíxeles e permite usar dúas tarxetas SIM a un tempo, do mesmo ou diferente operador (dualSIM).
O Wiko Darknight está dispoñíbel en azul escuro por 199 €, pasando a formar parte dunha ampla familia de dispositivos que este fabricante europeo xa tiña á venda.