En taxi por conta de Google, pero con matices

google taxi

Que vos parecería ver unha oferta dun restaurante e que un taxi se encargara de levarvos de balde até aló? Pois diso trata a última patente de Google, que fai uso do seu xa coñecido coche autónomo.

A idea sería ter unhas paradas de taxis onte estarían aparcados estes coches. Aló habería unhas pantallas coas que poderíamos interactuar, aínda que Google tamén recollería información do noso smartphone para saber as nosas citas, viaxes e desprazamentos e poder achegarnos así ofertas que se adapten mellor ás nosas necesidades e axenda.

O sistema funcionaría cun sistema de cupóns, algo semellante ao que emprega Google Offers, pero ademais de poder disfrutar do desconto teríamos a viaxe pagada, o cal non soa de todo mal, non?

google taxi 2

Que vos parece este novo modelo de publicidade?

Vía

Sobre o autor

Reply