GlobPop, unha volta máis ao mítico Tetris

Pantallazo

Seguindo cos artigos relacionados con xogos sinxelos para axudar a pasar o nosos tempos mortos, hoxe queremos amosarvos GlobPop, un xogo inspirado no veterano xogo ruso.

O seu desenvolvedor pensou que estaría ben por na pantalla globs grises cos que hai que acabar, para o que temos que empregar os globs de cores, formando grupos (ben sexa un liña ou tipo L) de como mímimo 3 globs para acabar cos grises e así rematar o puzzle para pasar á seguinte pantalla.

screenshot-20140123-162454

O xogo permite dous modos de xogo. O modo “Un Xogador” e o modo “Estilo libre”.

Un xogador.

screenshot-20140123-163006

Neste modo de xogo atopamos con cinco niveis diferentes e cada nivel conta con 60 puzzles. En cada pantalla atopamos os globs cos que temos que acabar e, cando os conseguimos eliminar co proceso antes indicado pasamos á seguinte pantalla. A medida que avanzamos o que nos atopamos e máis velocidade na caída dos globs de cores e máis globs grises.

Estilo libre.

screenshot-20140123-162750

A principal diferenza co anterior modo de xogo e que non temos niveis nin globs grises ao comezo do xogo. Neste modo comezan a caer globs de cores que tentaremos aparellar para ir limpando a pantalla e nun momento determinado aparecerán os “malditos” globs grises. O noso obxectivo neste xogo é ter a pantalla limpa de pezas porque se se nos enche a pantalla perdemos, ao máis puro estilo Tetris.

Ademáis das diferentes opcións de xogo, temos que engadir a posibilidade de xogo online e mesmo contamos con outras opcións para tentar adaptarse aos nosos gustos ou entornos onde xoguemos. GlobPop conta con 4 músicas diferentes e cunha opción de silenciar para non molestar á xente que podamos ter preto.

screenshot-20140123-163334

screenshot-20140123-162642

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como adoitamos facer, GlobPop entra nese abano de xogos ideais para desfrutar agardando polo bus ou unha viaxe curta, por exemplo.

E vós que nos dicides, animádesvos a probalo? Podedes dercargar GlobPop nesta ligazón da Google Play dun xeito gratuito.

Sobre o autor

2 Comments

  1. luischo 24 Xaneiro, 2014 Responder
    • Álvaro M. Souto 24 Xaneiro, 2014 Responder

Reply