Google merca Deepmind, empresa adicada á intelixencia artificial

deepmind

Seguen as compras na compañía de Mountain View: tras Bitspin e Nest, Google vén de anunciar a compra de Deepmind Technologies por uns 400 millóns de dólares, 292 millóns de euros ao cambio.

Esta compañía adícase á intelixencia artificial, un terreo no que Google está a centrar grandes esforzos nos últimos anos, e traballan nela varios dos mellores expertos  nesta rama, probando algoritmos de aprendizaxe de propósito xeral para simulacións, xogos e comercio electrónico.

Isto quere dicir que co seu traballo son capaces de prever, por exemplo, que poderíamos mercar grazas á aprendizaxe da nosa conduta, algo semellante a un sistema patentado por Amazon hai uns días que facendo uso destes coñecemento envía aos centros de distribución máis próximos ao cliente aqueles artigos que pensa que vai mercar mesmo antes de que o faga.

Vía

Sobre o autor

Reply