As Google Glass chegan aos Simpsons

simpson

Non hai dúbida de que as Google Glass están volvéndose pouco a pouco máis famosas; pois ben, estes interesantes lentes intelixentes chegaron xa ao protagonista da popular serie de animación The Simpson, que no seu capítulo Specs and the City fan unha aparición estelar.

Nel podemos observar como Homer se desgusta ao ver que a casa do seu veciño Ned Flanders ten moito máis valor que a súa, ou tamén como usa a aplicación Sex With Glass, da que xa falamos aquí, para facer o amor ca súa muller.

Non é a primeira vez que esta serie parodia empresas ou novas tecnolóxicas, como xa fixo coa empresa Apple, co nome “Mapple”, ademais de móbiles e moitos outros dispositivos, sempre poñendo o seu punto irónico e gracioso.

Aínda que teremos que agardar para que este capítulo chegue a España, se non podedes agardar podedes velo en versión orixinal a través desta ligazón.

Sobre o autor

Reply