Unhas supostas imaxes tomadas nun centro de distribución poderían confirmar a existencia do Nexus 5 en vermello, un movemento co que Google rompería a tendencia de ofrecer o seu terminal referencial unicamente en branco e negro. As reticencias a crer cegamente na fonte é que algúns números de IMEI (numeracón que identifica univocamente os dispositivos) apuntan a Samsung como fabricante e non a LG, polo que as imaxes poderían ser un fake dalguén con moito control do Photoshop.
De ser certa, as características técnicas non variarían da versión orixinal. Que vos parecen a vós as imaxes? Son reais ou fake? En calquera caso, cal sería a cor que elixiríades para un Nexus?