A miúdo os desexos lévannos tan lonxe que queremos que sexa real. É un pouco o que acontece con Nokia e o Normandy, un prototipo no que o fabricante europeo estivo probando cousas con Android e que, malia ter sido desmentido en numerosas ocasións, podería prsentarse no evento que a compañía ten previsto realizar durante a primeira xornada do Mobile World Congress de Barcelona.
Facendo unha recopilación de todos o rumores e filtracións, estaríamos a falar dun terminal que conservaría unha estética semellante aos Windows Phone, o que podería non ser máis ca unha capa de personalización sobre Android 4.4, a base coa que funcionaría, aínda que hai quen apunta hacia un fork de Android.
As características técnicas apuntan a unha pantalla de 4 polgada con resolución854 x 480 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A única cámara sería de 5 megapíxeles. Por todo ilo estaríamos a falar dun dispositivo de entrada, pensado para ser vendido de xeito masivo nun amplo abano de cores por menos de 150 €.
Será Android o empuxón que lle fai falla a este fabricante para (tentar) volver ser o que foi nalgún momento? Estaremos aló para contárvolo.