Geeksphone Revolution, todas as súas especificacións

geeksphone_1

Geeksphone vén de facer públicas as características técnicas, así como tamén a imaxes, do seu novo smartphone Geeksphone Revolution, que levan uns meses cociñando e que permite, como principal novidade, empregalo con Android ou outro sistema operativo desenrolado pola comunidade, aínda que sen ser dual boot.

android - outro

A idea funciona grazas á tecnoloxía MultiOS desenvolta por este fabricante, que permite precisamente escoller o sistema operativo. De xeito doado, poderase mudar de sistema e instalar novos grazas ao modo de OTA 1-click.

geeksphone_3

As súas especificacións finais e oficiais pasan por unha pantalla IPS LCD de 4,7 polgadas, procesador dual core a 1,6 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. Incopora dobre cámara, a principal de 8 megapíxeles con flash LED e unha frontal de 2. Estará alimentado por unha batería de 2000 mAh.

Agardamos poder probalo no MWC e comprobar o seu funcionamento, mais a idea abre as portas á elección de sistema, algo que nos parece moi axeitado e con moitas posibilidades futuras.

Sobre o autor

No Responses

Reply