As Google Glass póñense á venda este ano: confírmano as FAQs

sergey brin google glass

Onte Google sorprendeunos co lanzamento de catro monturas para as Google Glass, o que xa nos facía pensar en que o seu lanzamento comercial está moito máis preto.

Os (ruidosos) rumores sobre o seu lanzamento no 2014 veñen de subir de nível logo de que en Glassalmanac descubriran que nas FAQs actualizadas co gallo da inclusión das monturas xa se confirma o lanzamento ao longo do ano.

google glass confirmadas

Unindo cabos, poderíamos case asegurar que será durante o I/O 2014, do que aínda non se coñecen as datas, cando coñezamos – por fin – prezos e a dispoñibilidade final dos ansiados lentes. Canto teremos que agardar?

Sobre o autor

Reply