O LG G Pro 2 aparece filtrado en 2 fotos

lg-g-pro-2

O LG G Pro 2, o novo phablet deste fabricante coreano que case con toda certeza será presentado no MWC, vén de aparecer en 2 imaxes filtadas nas que se amosa en todo o seu esplendor.

Nunha delas, tomada desde o lateral, podemos intuír como é o deseño deste dispositivo de pantalla de 5,5 polgadas, mentres que na outra vemos a parte traseira cos botóns de acendido e volume situados no mesmo lugar que o LG G2 e o LG G Flex.

lg-g-pro-2-2

Esta filtración non aportou novos datos sobre as súas características, aínda que estamos seguros de que nas próximas semanas teremos máis información.

Sobre o autor

Reply